Reseña: Os contos de terror do tío Montague, de Chris Priestley

9:30



          O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo. 

          Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos? 

          Pero non hai tempo para respostas. Á volta, Edgar ten que atravesar o bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra? 

          Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.


          Fai tempo tiña en mente traer ao blog unha reseña en galego, unha pequena sección para a lingua da miña terra. Coa recente colaboración de Sushi Books co blogue, pois hoxe traio un libro sobre contos de terror para un público xuvenil. Como sabedes, gústame os libros de terror, sí, chamádame morboso pero devezo por pasalo mal, por pouco que sexa pero esa sensación é única e os libros de terror son capaces de transmitir iso.

          Este é un libro de relatos, unha novela que pese a que sexan contos ten un fío conductor, unha pequena trama superficial que nos achega aos contos. Edgar é un rapaz que pasa moito tempo en casa do seu tío Montague, un home misterioso que vive nunha masión cruzando o bosque do camiño da súa casa. Nunha das súas visitas, Edgar pídelle o tío que lle conte contos para pasar o rato pero ben sabe él que ese relatos son falsos, que detrás de tanta maxia e morte so é cousa da mente do tío Montague ¿o non? Parece que a realidade supera a ficción.

          O libro divídese en doce capítulos que son doce contos é un agasallo ao final co relato número trece. Son historias que case todas teñe un denominador en común: a morte. Nestes relatos a morte atopa as súas vitimas e faise con elas. Sexan rapaces o maiores é capaz de cobrar aquelo no que está a buscar.

            A ambientación da novela é fenomenal, xa dende o primeiro momento, metémonos de cheo nunha historia escura, chea de sombras e segredos, un ambiente enrarecido polo comportamento do tío Montague así como das historias que vai contando.

          Unha das cousas que máis chámame a atención é poder ver como meras cousas do día a día poden ocultar unha historia oculta que ten sufrimento, dor e morte. O autor sabe xogar con iso e por eso mezclao moi ben durante a narración dos contos.

          Ademáis, as ilustracións que atopamos nas súas páxinas dan bastante arrepío, saben conxugar moi ben a historia co ambiente, un foco máis para enlazarnos coa historia de cheo.

          En resumo, Os contos de terror do tío Montague é unha novela de relatos que tentará de facernos pasar un mal rato coas pequenas cousas do día a día pero que conseguen transmitir ese sentimento de medo. Pese a que está enfocado a un público xuvenil creo que é unha lectura para tódolos públicos porque o terror non entende de idades, é un sentimento primixenio que non evolucionou durante todos estos millóns de anos no que o home existe como tal.


Podes comprar o libro aquí: Os Contos De Terror Do Tio Montague

Grazas a Sushis Books polo libro.

Chámate a atención o libro? Sabes doutro libro similar? Espero os teus comentarios máis abaixo :)

También te gustará

14 comentarios

  1. Eu tamén boto de menos ler algo en galego e reseñalo... Ten boa pinta o libro, apuntado queda para o futuro.
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  2. Puuuf, si tengo que ponerme a leer en gallego ahora mismo me pega algo, jajajaj
    Besos

    ResponderEliminar
  3. Chema, que me he enterado de casi todo jajaja a ver si soy gallego y no me he enterado jajaja. Me alegra que hayas incluido lecturas en gallego en el blog. Saludos :D

    ResponderEliminar
  4. Boas! Paréceme mpi interesante este libro. Non son moito de literatura xuvenil pero teréino en conta para regalar. Graciñas pola recomendación.

    Aproveito para invitarte a participar nun sorteo que organizamos con motivo do noso primeiro 'cumpleblog'.

    Unha aperta ^^

    ResponderEliminar
  5. ehhhhhh muy buena entrada para las personas que hablan el idioma.
    :D besos

    ResponderEliminar
  6. maldito perfil google plus...... que sepas que me gustas mucho cuando hablas en gallego (por no decir otra cosa ya que estamos en horario infantil)
    cuando domine el gallego lo leo
    y te comento para que veas que no soy mala novia
    te quiero <3

    ResponderEliminar
  7. Ays me encanta el gallego y eso que hay palabras que se me escapan. Me ha encantado esta reseña :)
    Besos!

    ResponderEliminar
  8. Hola :) No sabía que eras gallego! por lo tanto somos vecinos de comunidad (vivo a menos de 20 km de Galicia XD). Yo entiendo perfectamente el texto, ventajas de que se vea la televisión de Galicia en mi casa y de que hubiera sido un viciado al Xabarin club todos los días XD El libro me parece muy interesante, una lectura muy simpática. Un abrazo^^

    ResponderEliminar
  9. Si consigue transmitir el sentimiento de terror me lo llevo puesto; me encantan los libros de relatos aunque vayan destinados a un público más infantil¡¡¡ Un abrazo enorme¡¡

    ResponderEliminar
  10. Chemaaaaaaa!!!! Que a piques estiven de esquecerme de pasarme a comentarche a entrada... O libro xa che digo que o levo ben apuntado así que cando queiras podes seguir traendo libros en galego ó blogue ;)
    Mil bicos!!!!

    ResponderEliminar
  11. ¡Hola! Me ha encantado la entrada, soy nueva en blogger, así que me encantaría que te pasases por mi blog literario para ver qué te parece y si te gusta, quédate porfa. http://tintasobrepapelmojado.blogspot.com.es/

    Un beso y muchísimas gracias.

    ResponderEliminar
  12. Hola! moi boa idea, algo atractivo para que nos esquezamos ler en galego! Saúdos!

    ResponderEliminar
  13. A ti te he entendido, pero ponerme a leer en gallego me parece venirme demasiado arriba jajaja
    Besos

    ResponderEliminar

Gracias por comentar.